Novas roturas de tubaxes en Teis
A.V. DE TEIS, DENUNCIA CATRO NOVAS ROTURAS DAS TUBAXES NOS ÚLTIMOS DÍAS E EXIXE A EXECUCIÓN DO PLAN AQUALIA 2013.
A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar novamente roturas das tubaxes da rede de abastecemento de auga no barrio, catro en menos de dúas semanas (avenida de Galiza, Subida Ponte e rúa Maceiras). No caso da avenida de Galiza, unha rotura onte e anterior en menos de catro días. Nesta avenida estás roturas provocaron danos nunha pastelaría que estivo varios días pechada e o martes o corte do abastecemento de auga desde ás 3:00 da madrugada até ás 11:00 horas da mañá aproximadamente, provocando molestias a veciñanza dunha parte importante do barrio. Achegamos fotos.
Esta avenida está incluída no plan de Aqualia 2013, para renovación da rede de abastecemento, xunto a avenida da Mariña, Cancelo, Oliveira de abaixo e Boan. A realidade e que só comezaron as obras na rúa Boan, a comezos de novembro de 2013 e o resto do plan está sen executar.
A Asociación quer denunciar os incumprimentos do goberno municipal co barrio, en relación coa mellora da rede de abastecemento e saneamento do barrio recollidos no plan Aqualia 2013. Ademais de reivindicar que cara o ano 2014, se inclúan as rúas Doutor Corbal, Purificación Saavedra, subida a Ponte, Gerardo Campos Ramos, Campa e travesías de Espiñeiro.
Unha vez fica demostrado a falta de control que neste caso este goberno municipal exercer sobre as concesionarias dos servizos municipais, neste caso Aqualia.