MESA DE RECOLLIDA DE SINATURAS,

CONTRA O ABANDONO DA ETEA, SÁBADO 2 DE XULLO,

NA TRAVESÍA DE VIGO.

 

 

A Asociación Veciñal de Teis, continua coa campaña de recollida de sinaturas que comezamos fai catro semanas, para denunciar o abandono dos terreos da ETEA e esixir das administracións (Concello e Xunta) que actúen nestes terreos.

 

Este sábado 2 de xullo instalaremos unha mesa de recollida de sinaturas na Travesía de Vigo a altura do Centro Comercial Travesía de 11:00 a 13:00 horas.

 

  Vigo, 1 de xullo de 2016

 

Anxo Iglesias Covelo

Secretario da A.V. de Teis