A.V. DE TEIS, REIVINDICA MELLORAS

NA  RÚA DOUTOR CORBAL.

 

A Asociación Veciñal de Teis, reivindica ao Concello de Vigo   a melloras na rúa Doutor Corbal, que supoña a  substitución da rede de abastecemento de auga, saneamento e a mellora das beirarrúas.

 

Esta semana entre o xoves e  o venres o Concello procedeu ao asfaltado dun tramo desta rúa, anunciado desde o Concello xa  en reiteradas  ocasións desde o verán de 2013.  A asociación viña demandando desde como mínimo fai cinco anos o asfaltado desta rúa.

 

Desde a asociación  entendemos que o asfaltado a rúa Doutor Corbal, debe ser na súa totalidade e a intervención do Concello non debe limitarse só ao asfaltado, se non a humanización desta rúa na súa totalidade.

 

Está rúa presenta un moi mal estado de conservación nas beirarrúas no tramo inicial até a confluencia co camiño de Maceiras e logo no tramo final pois non existen. Ademais da existencia de roturas na rede de abastecemento de augas no tramo inicial, que require unha substitución da rede de abastecemento e saneamento.

 

Desde a asociación levamos máis dun ano, reivindicando a mellora da rede de abastecemento de auga no barrio, debido as continuas roturas nalgunhas rúas do barrio debido ao mal estado desta rede, como a avenida de Galiza, subida a Ponte, rúa Gerardo Campos Ramos, rúa da Campa ou a rúa Purificación Saavedra, etc.

 

 

 

Vigo 17 de maio de 2014.