MANIFESTACIÓN ESTE VINDEIRO DOMINGO 28 DE XANEIRO ÁS 12:00 H, DESDE AS COUTADAS, POLAS PISCINAS E A MELLORA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NA ETEA.
A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha manifestación este vindeiro domingo 28 de xaneiro ás 12:00 horas, con saída desde a rúa Coutadas, diante da piscina municipal de Teis, para finalizar diante das instalacións deportivas da ETEA.
Está nova convocatoria prodúcese logo de que leve pechada 19 meses a piscina municipal de Teis, logo do incendio ocorrido en maio de 2022 e non hai avanzos na anunciada reconstrución. Polo que esiximos, a reforma inmediata da piscina municipal de Teis, a recuperación da piscina da ETEA, a mellora e ampliación das instalacións deportivas da ETEA.
En agosto de 2023, Abel Caballero anunciaba que se iniciaba o proceso de reconstrución da piscina municipal de Teis, cinco meses despois seguimos sen avanzos, pois aínda non se comezou a redacción do proxecto de reforma da piscina municipal.
Si o goberno municipal non considera este proxecto unha prioridade e se pon a traballar, ao longo deste ano 2024 tampouco estará realizada a reforma da piscina municipal de Teis.
Si a piscina da ETEA, estivera funcionando na actualidade poida perfectamente cubrir a demanda da veciñanza de Teis, que agora ten que desprazarse polas diferentes instalacións deportivas da cidade.
En Teis, tiña dúas piscinas, agora non conta con ningunha e debido a mala xestión do goberno municipal, non imos a ter en funcionamento ningunha das dúas piscinas coas que contabamos en Teis.