Mais de 200 nenos/as participan no campamento veciñal da AVTEIS
NOTA DE PRENSA.
MAIS DE 200 NENOS/AS PARTICIPARON NO CAMPAMENTO ASOCIACIÓN VECIÑAL DE TEIS NA ETEA
A Asociación Veciñal de Teis faI balance do seu campamento de verán realizado durante os meses de xuño, xullo e agosto nas instalacións recreativas da ETEA en Teis. Este ano e con motivo do décimo aniversario do campamento a asociación trasladou as actividades a este recinto coa intención ademais de reivindicar o mantenemento destas instalacións por parte das entidades públicas xa que dende a remodelación se atopa infrautilizado a pesares de ser un espazo natural imellorable para o desfrute dos cidadáns.
Polo Campamento de Verán pasaron mais de 200 nenos e nenas de toda a cidade en quendas semanais ou de 15 días e atendidos por 8 monitores/as especializados/as en cada unha das actividades realizadas, estes eran supervisados por un coordinador e contaban có apoio de outros tantos monitores en prácticas. Durante as diferentes quendas os rapaces /as de idades comprendidas entre os 4 e s 12 anos, disfrutaron de actividades como patinaxe, deportes, manualidades, pintura e debuxo ao aire libre, teatro, maxia e xogos populares e de animación.
Ademais das actividades propias do campamento a asociación organizou en colaboración con diferentes entidades actividades especiais como os obradoiros de medioambiente realizados pola Asociación Faia e subvencionados pola Concelllería de Normalización Linguística do Concello de Vigo, tamen disfrutaron de excursións a Carballeira da Guía e a zooloxico da Madroa, esta última subvencionada pola Deputación de Pontevedra quen colaborou ademais economicamente coa organización deste campamento, un dos mais solicitados da cidade de Vigo.
Por motivos de infraestructura e organización non foi posible superar o aforo de rapaces para acoller as case 300 familias que o solicitaron tanto de Teis coma de outros puntos de Vigo e alrededores, o que da fe da importancia social desta actividade organizada pola Asociación Veciñal de Teis e que manifesta a escasa cobertura municipal neste área, de feito o campamento organizado pola Concellería de Participación apenas superou os 50 nenos frente as 300 solicitudes recibidas nesta asociación que en tan só dos meses recibíu mais de 5000 vistas na páxina web elaborada específicamente para esta actividade.
A Asociación, visto o éxito desta convocatoria e das mostras de satisfacción recibidas polos pais e nais que levaron os rapaces, ten previsto continuar con esta actividade que se convoca de xeito anual e que se suma a outras tantas que realiza de xeito desinteresado para os veciños/as do barrio.
A A.V. Teis agradece a confianza depositada polas familias e a axuda prestada polos diferentes organismos e entidades como os colexios da zona e en especial, o colexio San José de la Guía, que cedeu gratuitamente as instalacións para realizar as actividades os días que pola choiva non foi posible realizar na ETEA ante a negativa da Xunta de Galicia de utilizar o edificio que habitualmente se ven utilizando para actividades deste tipo.
A Xunta Directiva Asociación Veciñal de Teis