A Asociación Veciñal de Teis,  que despois de dous anos sen celebrar a festa da Asociación pola pandemia, retomamos esta actividade o  9 e 10 de setembro a “ Teis Fest” na praza da ETEA.   

Este é o quinto ano que realizamos a festa na praza da ETEA, cun obxectivo de darlle uso e por en valor os terreos da antiga ETEA, que durante moitos anos até o 2002, estivo prohibido o aceso da veciñanza aos mesmos ao ser unhas instalacións militares. Desde que celebraremos a festa na ETEA, a asistencia da veciñanza medra ano a ano.

A festa veciñal terá un amplo programa  de actividades  ao longo da xornada do sábado, que inclúe un xantar veciñal, música, cinema ao aire libre, mercado de artesanía, bar ,etc.

Este ano como novidade imos ter dous días actividades o venres 9  e o sábado 10  e a oferta musical ampliase ao longo da noite do sábado.

Comezamos mañá ás 21:30 horas con cinema ao aire libre coa proxección do filme familiar “ Volando Juntos”.

Para participar no xantar veciñal do sábado 10, hai que anotarse previamente no local da Asociación, con data limite este venres 9.  

VENRES 9 DE SETEMBRO

  • 21:30 h. Cinema ao aire libre. Filme “ Volando Juntos”

 SÁBADO 10 DE SETEMBRO

  • 12:30 horas. Grupo folclórico Anaquiños de Chapela.
  • 14:00 horas. Xantar veciñal.
  • 18:00 horas.  “ O Faro da Guía.”
  • 20:00 horas. Dúo guitarra “ El Trío de Jack”.
  • 21:00 horas  Grupo Two Many Villains.
  • 23:00 horas. Grupo Folk  “ Os Carunchos. “
  • 24:00 horas. Grupo tributo.