A Asociación organiza unha nova excursión a Asturias entre o 11 e o13 de outubro.
Venres 11 de outubro:

Saída de Teis con dirección a Asturias. Chegada ao hotel para o xantar.Pola tarde visitaremos o santuario da virxe de Covagonda, cova e basílica. Despois visita a Cangas de Onís, coa súa ponte sobre o río Sella. Regreso ao hotel, cea
e aloxamento.
Sábado 12 de outubro:

Almorzo e saída cara Ribadesella, as beiras do río Sella, coñecida pola gran calidade dos seus salmóns. Coñeceremos o
seu casco histórico, atravesado pola ruta xacobea do norte, que conta con edificios á baixa idade media e coñeceremos os palacetes indianos dos séculos XIX e XX , de gran beleza.
Saída cara Lastres, típico pobo pesqueiro Asturiano onde coñeceremos a súa praia e as súas estreitas rúas con pequenas casas típicas.

Regreso ao hotel e xantar.Pola tarde chegaremos a Tazones, punto de desembarco do emperador Carlos I. Finalizaremos o
noso percorrido en Villaviciosa, capital da sidra. Regreso ao hotel ,cea e aloxamento.
Domingo 13 de outubro:

Pola mañá visitaremos Xixón, coñecendo o barrio pesqueiro de Cimadevila, porto deportivo, casa Jovellanos, concello,
praza de San Lorenzo, saída cara Oviedo. Xantar en restaurante. Pola tarde visitaremos Oviedo, capital deAsturias.

No centro da cidade realizaremos un breve paseo polas rúas do barrio histórico: zona da catedral, igrexa de San Pelayo, universidade, etc. Regreso a Teis.


PREZO SOCIOS/AS:   185 euros.
PREZOS NON SOCIOS/AS:    195 euros.
O prezo inclúe servizo de autobús, guía acompañante, réxime de pensión completa, aloxamento 2 noites en hotel de 2/3   estrelas e  seguro turístico.