A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito a Concellaría de Turismo, o pasado mes de abril, solicitando que o autobús turístico inclúa no itinerario o parque da Guía.

Hai bastantes anos debido aos problemas de aceso desde a rúa Doutor Corbal, o autobús turístico deixou de incluír no seu itinerario o parque da Guía, pero a realidade e que desde fai tempo a rúa Doutor Corbal é de sentido único e abriuse a rúa Pedro Alvarado, polo que o aceso ao parque da Guía mellorou moito.

Desde o ano 2016, dirixímonos por escrito a esta Concellaría, solicitando que o autobús turístico, modificará o seu itinerario e incluirá o parque da Guía. No mes de abril de 2016, recibimos un escrito desta concellaría, indicando que estudarían esta proposta, logo de seis anos descoñecemos as conclusións dese estudo.

Este pasado luns anunciábase a posta en marcha do autobús turístico, pero comprobamos que se exclúe un ano máis o parque da Guía.

Desde a Asociación, non entendemos como se pode excluír o parque da Guía, do autobús turístico, sendo un dos grandes parques da cidade de Vigo, que conta cunha grande carballeira, no casco urbano da cidade.

Por en valor o parque da Guía

Esta Asociación, xa non é a primeira vez que nós últimos anos denunciamos a deixades do goberno municipal en relación ao parque da Guía, arbores invasoras (eucaliptos,acacias) que impiden desfrutar dunha parte importante das vistas sobre a ría de Vigo, non hai unha cafetería, non se potencia, nin se amplía a carballeira, non hai un parque infantil, etc.

A decisión de non incluír no autobús turístico o parque da Guía, deixa claro a falta de interese e deixades do goberno municipal, de potenciar e por en valor este gran parque.