ESPECTÁCULO DE TÍTERES: RODARI, RODARI
A Asociación Veciñal de Teis, inaugura a programación de Nadal con “Rodari, Rodari” un espectáculo de títeres con animación musical para cativos/as. Este “tranvía de contos” chegará ao Centro Cívico de Teis o sábado 14 de decembro as 12:00 horas onde agardamos ao noso público habitual e a todos aqueles que queiran achegarase xa que a entrada e libre.
O espectáculo está subvencionado pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.