A Asociación Veciñal de Teis, o foro socio educativo “ Os Ninguéns “, e a oficina dos dereitos Sociais de Coia, ODS Coia, presentamos conxuntamente un escrito para denunciar de forma conxunta que despois de 3 meses a oficina dos servizos sociais de Teis, funciona baixo mínimos, pola falta de persoal.

A oficina dos servizos sociais de Teis, esta pechada media semana (xoves e venres) desde hai 2 meses, ao carecer de persoal ( administrativo e bedel).

Está falta de persoal administrativo provoca ademais que o resto da semana, a dúas asistentas sociais, teñan que encargarse a maiores das súas funcións de atender a recepción, para abrir e pechar a porta da oficina, ao ter que permanecer pechada por seguridade.

Está situación provoca unha mingua dos servizos sociais en Teis, que afecta a veciñanza que acude diariamente aos mesmos para tramitar todo tipo de axudas sociais ( risga, axudas de emerxencia, pensións non contributivas,…)

Ambas entidades dirixímonos ao longo destes meses a concellaría de servizos sociais, denunciando está situación, sen recibir ningún tipo de solución até o de agora. Tamén outros colectivos sociais (Os Ninguéns, ODS Coia,) e partidos políticos teñen denunciado está situación.

Consideramos que é unha prioridade uns bos servizos sociais e esiximos da Concelleira de servizos sociais e do Alcalde, unha solución inmediata, que pasa por dotar a esta oficina de todo o persoal administrativo necesario.

Abel Caballero, participa na manifestación da sanidade, pero non toma ningunha  medida cos servizos sociais.

“ Onte manifestámonos contra os recortes, na defensa da sanidade e dos servizos públicos Compostela, na cal tamén participou Abel Caballero. El critica o que fan outros gobernos. Abel Caballero, no Concello de Vigo, non toma ningunha medida para solucionar e ter uns servizos sociais de calidade “.

Entrega escrito conxunto no Concello de Vigo