A Asociación Veciñal de Teis, celebrou na tarde  deste pasado martes unha asemblea no parque das vivendas do grupo San Pablo, para  analizar a demanda veciñal de que se amplíe a rúa Robleda.

O único aceso as vivendas ao grupo San Pablo, realizase a través da rúa Robleda, pero esta rúa a altura destas vivendas é moi estreito e só permite o aceso de turismos con normalidade, pero non de vehículos de emerxencia como camións de bombeiros e con moitas dificultades ambulancias, coches de determinados tamaños ou furgonetas dun certo tamaño.

O pasado 1 de xullo, houbo un escape de gas  nunhas vivendas do grupo San Pablo, pero o vehículos de bombeiros non puido acceder a vivenda afectada, polas estreites da vía.      

A rúa Robleda, neste tramo linda coa antiga vía do ferrocarril,  onde na actualidade  están coas obras do proxecto da  “ Vía Verde “.

O pasado o 21/07//2021, presentamos un escrito solicitando a ampliación da rúa Robleda,  ao lindar está rúa cos terreos da “ Vía Verde”  agora sería a oportunidade de ampliar está rúa estreita, neste tramo.

Ademais, de ampliar o aceso é necesario facer un novo muro entre os terreos da “ Vía Verde” e a rúa Robleda, pois o actual está moi deteriorado, filtra auga, hai perigo de derrube nalgúns puntos  é  hai que limitarse a unha simple reparación. 

A comezos deste mes de agosto, solicitamos ter unha xuntanza co técnico da concellaría de Fomento, responsábel da obra, pero até o de agora, tampouco recibimos ningunha resposta.

É moi grave a falta de transparencia e información por parte deste goberno municipal, as Asociacións veciñais e a veciñanza en xeral, como comprobamos nestes caso. Na asemblea acordamos facer pública está reivindicación e solicitar unha xuntanza urxente co Concelleiro de Fomento, para tratar sobre esta demanda veciñal.  

Asemblea vivendas grupo San Pablo