A finais da semana pasada comezaron as obras das II fase da humanización da rúa Purificación Saavedra, no tramo entre a rúa Foxos e a rúa Enrique Lorenzo, despois de seis meses paralizadas. As obras comezaron en outubro de 2021 e tiñan que finalizarse hai meses.

A Asociación Veciñal de Teis, no mes de maio dirixímonos por escrito a Concellaría de Fomento, denunciando está situación e demandando a finalización das obras na rúa Purificación Saavedra. Ademais, denunciamos a situación desta rúa aos medios de comunicación.

A finais do mes de xuño celebramos unha asemblea coa veciñanza desta rúa e na mesma acordaramos a convocatoria dunha mobilización, o que provocou que de xeito inmediato o Alcalde anunciara en rolda de prensa que ían comezar as obras paralizadas.

Temos que ter en conta que estamos a falar dunha rúa moi transitada e sendo nun dos acesos o mercado de Teis. A veciñanza estaba farta das molestias provocadas polas obras. Unha vez máis, foi a denuncia e a presión veciñal a que conseguiu que comezaran estás obras.