A Asociación Veciñal de Teis, que manifestar a súa oposición a redución dos horarios na liña L10, ao seu paso pola parroquia de Teis.

Desde o pasado mes de decembro, a liña de autobús urbano L10, con itinerario desde a rotonda das Torres de Padín en Teis ate a baixada a praia de Saians, reduciu os seus horarios en Teis.

Na actualidade está liña só ofrece catro saídas ( 5:35 horas, 6:15 horas, 7:15 horas e 8:05 horas) e tres chegadas (6:11 horas, 7:05 horas e 7:50 horas) en Teis, o resto da xornada está liña finaliza na praza Eugenio Fabrique. Isto supón deixar a unha a veciñanza Teis, que usaba esta liña sen servizo.

Segundo recollen os medios de comunicación, a redución de servizos nesta liña e noutras, era pola folga dos traballadores/as de Vitrasa, pero a folga finalizou en decembro. Agora seica é pola falta de persoal, que ten solución con novas contratacións.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, non imos aceptar que se pretenda na practica eliminar unha liña que desde hai moitos anos atende unha parte da parroquia de Teis.

O Concello de Vigo, debe obrigar a que se cumpra co servizo que debe prestar a empresa concesionaria do transporte urbano.

A Asociación Veciñal de Teis, dirixímonos por escrito a Francisco Javier Pardo Espiñeira, concelleiro de transporte e a empresa concesionaria Vitrasa, para esixir a reposición inmediata de todos os horarios da liña L10 en Teis, como era até o pasado mes de decembro.