O Servizo Provincial de Costas, comezou hai unha semana a realizar uns traballos de acondicionamento do espigón lindeiro coa praia da Punta.

Esta actuación no espigón era necesario debido ao seu mal estado e a superficie irregular do mesmo.

Estas obras van permitir construír na superficie do espigón, un solárium de herba cara a praia de ( 30 metros de longo por 2 m de ancho) e cara a dársena da ETEA unha senda de xabre con varanda de madeira ( 30 metros de longo por 1,80 metros de ancho).

Desde a Asociación Veciñal de Teis, viñamos reivindicando unha actuación na praia da Punta, para mellorar a praia, o seu entorno e o espigón .

Este areal ten un problema espazo, pois queda moi reducido o areal cando a marea esta alta, o que provoca que a veciñanza téñase que se colocar no entorno.

Esta actuación permitira gañar algo de espazo no peirao, para que a veciñanza teña un espazo onde estar cunha certa comodidade, cando a marea esta alta

En xullo de 2021, a Dirección Xeral da Costa e o Mar, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, respondendo a un escrito da Asociación, xa nós comunicaba que se ía actuar sobre este peirao no ano 2021, actuación que se atrasou até agora.

Por último, desde a Asociación Veciñal de Teis, logo desta actuación, seguen aínda pendentes realizar varias melloras na praia da Punta, como que se acondicione unha superficie entre o paseo marítimo e o parque público, mellorar o paseo marítimo ou recuperar a area da praia.