A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha concentración o sábado 23 de abril ás 17:30 horas, na avenida Buenos Aires, a altura do aceso a autoestrada AP9, para esixir ao Ministerio de Transportes, solucións a mellora dos pasos elevados da Xorxa e da Trapa e a instalación de pantallas contra o ruído.

O pasado mes de febreiro recibimos unha carta por parte do Director Xeral de Estradas do Ministerio de Transportes, en resposta a un escrito remitido por esta Asociación en decembro de 2021.

En relación a demanda da instalación de pantallas acústicas entre Teis e o centro da cidade, novamente non hai ningún compromiso concreto e cita que figura como unha actuación que figura no Plan de Acción contra o ruído de 2016, algo que xa sabemos e lembra que houbo unha renovación do pavimento para reducir a contaminación. É moi grave e incomprensíbel que o Ministerio, siga sen concreta ningún prazo para realizar está actuación na autoestrada AP9.

En relación a mellora dos pasos elevados da Xorxa e da Trapa, segue insistindo en son pasos peonís, non para pasos de vehículos, aínda que estes pasos pasen turismos desde hai mais 40 anos.

A resposta do Ministerio, sobre os pasos elevados da Xorxa e da Trapa, indica que non saben do que falan e fan unha resposta sen molestarse en coñecer a demanda veciñal, pois calquera que se achegue a estes pasos elevados pode comprobar que poden pasar vehículos e peóns.

Desde a Asociación, só pedimos que se melloren uns pasos elevados, que esta en uso da posta en funcionamento da autoestrada AP9 en 1979 e que repoñían os viais anteriores. Non pedimos que se constrúan uns novos pasos. É tan difícil , mellorar uns pasos elevados pola falta de mantemento. Que tipo de responsábeis políticos están neste Ministerio de Transporte. Que reiteradamente ignoran as nosas xustas demandas, ou que lles das igual o pase en Teis ou en Vigo.

Desde a Asociación, non imos permitir que se pretenda incomunicar a veciñanza que viven no entorno dos camiños da Trapa e da Xorxa e limitar a comunicación entre a parroquia de Teis.

Desde a Asociación preguntámonos que xestións fixo o goberno municipal e Abel Caballero, Alcalde de Vigo, que en tantas ocasións reúnese con responsábeis do Ministerio de Transportes e que supoñemos falaría sobre as demandas veciñais sobre a autoestrada AP9, pero podemos comprobar que as súas xestións son nulas e inexistentes. Abel Caballero, vai defender a veciñanza ou pórse de parte do goberno central.

Desde o Ministerio de Transportes segue sen darse ningunha solución a estas demandas, polo que consideramos necesario a convocatoria dunha nova mobilización para esixir solucións ao Ministerio.

A autoestrada AP9 dividiu Teis, causando graves problemas á veciñanza que aínda padecemos a día de hoxe, o que non imos aceptar que se continúe castigándonos, cuns pasos elevados inseguros e coa contaminación acústica.