A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha concentración este vindeiro venres 2 de febreiro ás 18:00 horasdiante do centro de saúde de Teis, para denunciar a falta de médicos polas tardes no centro de saúde.

O pasado mes de decembro de 2023, dirixímonos por escrito a Julio Comesaña, Conselleiro de Sanidade, para trasladarlle a nosa preocupación e indignación pola falta de médicos polas tardes no centro de saúde Teis.

Desde novembro de 2023 no centro de saúde de Teis, hai falta de médicos polas tardes, pois deberiamos ter un total de 9 médicos. Na actualidade temos unha media de 4 médicos ( iso varia diariamente), menos da metade dos médicos que debería ter no centro de saúde. A todo isto engadir a falta dun pediatra.

Está falta de persoal provoca a veciñanza, que cando solicitas cita para o médico sexa para dentro de 15 días ou que as urxencias sexan derivadas para o PAC. Ademais, de sobrecargar de traballo ao médicos que están polas tardes.

Esta situación provoca un deterioro da atención sanitaria na parroquia de Teis, que non pode prolongarse no tempo, como acontece xa noutros centros de saúde do noso país.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, parécenos unha prioridade ter unha sanidade pública de calidade e non imos aceptar ningún recorte no persoal do centro de saúde de Teis.

Polo que solicitamos desde a Asociación que de maneira urxente se destinen os médicos necesarios polas tardes para cubrir as prazas coas que conta o centro de saúde de Teis.

Tamén, queremos criticar a falta de resposta  por parte da Consellaría de Sanidade a falta de médicos polas tardes, que non respondeu ao escrito enviado por esta Asociación e de solucións logo de varios meses.