A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha concentración mañá  xoves 13 de abril ás 19:30 horas, diante da piscina municipal de Teis, na rúa Coutadas

A concentración convocase logo da celebración dunha asemblea veciñal no mes de marzo, na que acordouse convocar unha concentración  para reivindicar a reforma inmediata da piscina municipal de Teis.

A piscina municipal da parroquia, que se atopa pechada despois do incendio ocorrido o pasado 28 de maio de 2022.

A Asociación solicitou unha xuntanza co concelleiro de Deportes, Manuel Fernández Pérez, para tratar a situación da piscina e demandar ao goberno municipal o inmediato inicio das obras da reforma da piscina e que se informe duns prazos reais para a apertura da piscina, pero non houbo ningunha xuntanza.

Esta piscina leva pechada case 10 meses, co prexuízo que isto provoca para os/as 1500 usuarios/as desta instalación deportiva (piscina e ximnasio), que agora teñen que desprazarse a outras instalacións  municipais, como Lavadores e As Travesas.

Isto unido que tamén afecta as actividades extraescolares dos centros educativos de Teis, nalgún caso están desprazados con menos prazas a outra piscina ou sen actividade extraescolar.

No ano 2017, o goberno municipal, decidiu cubrir a piscina da ETEA para destinala a pista de ximnasia, pero incluíndo un sistema que no futuro permitirá poder recuperala.

Desde a Asociación, defendemos que o momento de recuperar a piscina da ETEA, pois hai demanda en Teis e na cidade.

Si a piscina da ETEA, estivera funcionando na actualidade poida perfectamente cubrir a demanda da veciñanza de Teis, que agora ten que desprazarse polas diferentes instalacións deportivas da cidade.  

En setembro de 2002, o Alcalde, xa anunciou que se ía destinar un millón de euros para reparar a piscina municipal de Teis, pero a día hoxe aínda non comezaron as obras na piscina e non hai ningunha data para o inicio das mesmas. Onte fai o mesmo anuncio, pero  queremos feitos.

En Teis, tiñamos dúas piscinas pero na actualidade non temos ningunha.