Decenas de veciños/as de Teis manifestáronse hoxe as portas do Concello de Vigo, nesta data na que se tratan de aprobar uns orzamentos nos que se exclúe a Asociación Veciñal da xestión do Centro Cívico para poñela en mans dunha empresa de traballo temporal. O respaldo veciñal ponse de manifesto en cada unha das concentracións organizadas pola asociación, que teñen lugar os martes as 19:00 horas diante do Centro Cívico. De novo hoxe damos as gracias atodos os veciños/as e amigos/as polo seu apoio.