CONCENTRACIÓN ESTE VENRES 24 DE MAIO, ÁS 19:00 H, DIANTE DO CENTRO DE SAÚDE DE TEIS, EN DEFENSA DA ATENCIÓN PRIMARIA.
A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha concentración este venres 24 de maio ás 19:00 horas, diante do centro de saúde de Teis, para denunciar a falta de médicos polas tardes no centro médico e contra o deterioro da atención primaria.
Desde a Asociación dirixímonos por escrito o pasado 24 de abril, a Antonio Gómez Caamaño, o recente nomeado conselleiro de Sanidade, para trasladarlle a nosa preocupación e indignación pola falta de persoal no centro de saúde Teis e demandar solucións.
A falta de médicos padecémola desde novembro de 2023, no centro de saúde polas tardes hai 4 médicos, cando deberiamos contar con até 9 médicos.
En decembro 2023, xa trasladámoslle este situación tamén por carta o anterior Conselleiro de Sanidade, logo de 4 meses a situación do centro de saúde segue sen solucionarse.
A falta de persoal deteriora a atención primaria.
Está falta de persoal provoca, que cando solicitas cita para o médico sexa para dentro de 15 días, que as urxencias sexan derivadas o PAC ou que para facer unha analítica teñas cita para un mes. Ademais, de sobrecargar de traballo ao médicos que están polas tardes.
Está situación supón un deterioro da atención sanitaria, na parroquia de Teis, que non pode prolongarse no tempo, como acontece xa noutros centros de saúde do noso país.
Desde a Asociación Veciñal de Teis, é unha prioridade ter unha sanidade pública de calidade e non imos aceptar recortes no persoal do centro de saúde de Teis.