CONCENTRACIÓN 3 DE MARZO ÁS 11:00 H, DIANTE DA OFICINA DOS SERVIZOS SOCIAIS DE TEIS, LOGO DE 4 MESES BAIXO MINIMOS.
A Asociación Veciñal de Teis, o foro socio educativo “ Os Ninguéns “, e a oficina dos dereitos Sociais de Coia, ODS Coia, convocamos unha concentración este vindeiro, venres 3 de marzo ás 11:00 horas, diante da oficina dos servizos sociais de Teis.
Despois de 4 meses a oficina dos servizos sociais de Teis, segue funcionando baixo mínimos, pola falta de persoal. Esta pechada media semana (xoves e venres) ao carecer de persoal ( administrativo e bedel).
Está falta de persoal administrativo provoca ademais que o resto da semana, a dúas traballadoras sociais, teñan que encargarse a maiores das súas funcións de atender a recepción, para abrir e pechar a porta da oficina, ao ter que permanecer pechada por seguridade.
A todo isto engadir que a técnica de inclusión, que atendía nesta oficina, ao estar pechada os xoves e o venres, ten que derivar a veciñanza para o Concello.
Está situación provoca unha mingua dos servizos sociais en Teis, que afecta a veciñanza que acude diariamente aos mesmos para tramitar todo tipo de axudas sociais ( risga, axudas de emerxencia, pensións non contributivas,…)
Ambas entidades dirixímonos ao longo destes meses a concellaría de servizos sociais, denunciando está situación, sen recibir ningún tipo de solución até o de agora.
Consideramos que é unha prioridade uns bos servizos sociais e esiximos da Concelleira de servizos sociais e do Alcalde, unha solución inmediata, que pasa por dotar a esta oficina de todo o persoal administrativo necesario e de aumentar as traballadoras sociais.
