A.V. TEIS, PRESENTA  ALEGACIÓNS AOS ORZAMENTOS, DEMANDANDO UN PARQUE INFANTIL, BEIRARRUAS, A RENOVACIÓN DO ABASTECEMENTO E A XESTIÓN DO CENTRO CIVICO.

A Asociación Veciñal de Teis, presentou catro alegacións aos orzamentos municipais de 2016, que se someteron a información pública até o pasado sábado 28 de novembro.

As alegacións  suporía a creación de catro novas partidas nos orzamentos municipais por un importe de 730.000 euros.

As catro novas partidas sería destinadas para cubrir necesidades do barrio, que desde a asociación temos demandado destes fai anos ao actual goberno municipal.

ü     “ Mellora da rede de abastecemento en Teis”, de 250.000 euros, retraendo esa cantidade da partida número 4320-2279902 , “ promoción turística destinos rotas aéreas Ryanair” ficando esta partida de 1.080.000,00 euros en 830.000 euros.

ü     “ Construción de beirarrúas en Teis “ de 300.000 euros, retraendo esta cantidade da partida número: 4320-2279901, “ promoción turística Air Nostrum” ficando esta partida de 1.076.900,00 euros en 776.900 euros.

ü     “ Construción parque infantil en Teis “ de 125.000 euros, retraendo esta cantidade da partida número: 9121-2260201, “ difusión e promoción da cidade “ ficando esta partida de 185.000 euros en 60.000 euros.

ü      “ Convenio A.V. de Teis-centro cívico “ dun importe de 55.000 euros e retraer esta cantidade da partida número 9120-2279902 “convenios “, do orzamento de 2016, ficando esta partida de 125.000 euros coa contía de 70.000 euros.

Mellora da rede de abastecemento en Teis

Nos últimos anos a asociación iniciou unha campaña de denuncia do mal estado de conservación da rede de abastecemento e saneamento, debido as continuas roturas especialmente das tubaxes de abastecemento de auga.

Esta situación non se produce en todas as rúas do barrio, pero si nun número importante de xeito constante, que o Concello de Vigo e a empresa concesionaria Aqualia, coñecen.

As rúas que necesitan con urxencia renovar a rede de abastecemento son avenida de Galiza, Subida a Ponte, rúa Gerardo Campos Ramos, rúa da Campa, rúa Purificación Saavedra e travesías da rúa Espiñeiro.

Polo que entendemos que debe incluírse unha nova partida de mellora da rede de abastecemento de auga, que permita a substitución das tubaxes actuais, por un importe de 250.000 euros.

 

Construción de beirarrúas en Teis

No barrio de Teis, podemos aínda observar como hai rúas que carecen dunha simple beirarrúa. Esta situación provoca perigo para a veciñanza que vive ou pasa por estas rúas, pois son rúas moi transitadas.

Esta asociación xa ten solicitado a este goberno municipal, a necesidade de construír beirarrúas nestas rúas, pero até o de agora non foi unha prioridade.

Aquelas rúas nas que sería máis urxente actuar son a rúa da Oliveira, rúa Gerardo Campos Ramos, camiño de Foxos e a rúa Roris.

Polo que entendemos que debe incluírse unha nova partida de construción de beirarrúas en Teis, por un importe de 300.000 euros.

Parques infantís

Desde fai anos vimos denunciando que os parques infantís existentes son insuficientes para atender as necesidades das familias do barrio.

Esta asociación incluso ten sinalado terreos municipais abandonados que poderían destinarse como parque infantil.

Polo que entendemos que debe incluírse unha nova partida de construción dun parque infantil en Teis, por un importe de 125.000 euros.

Xestión veciñal do Centro Cívico

Este convenio figurou en orzamentos anteriores con diferentes gobernos municipais desde a apertura do Centro Cívico de Teis en 2002 até 2013.

Debemos sinalar que é o único centro cívico dos catro cos que conta o Concello de Vigo, no que a xestión é a través dunha asociación veciñal e polo tanto dunha entidade sen animo de lucro. Ademais, o nivel de actividade deste centro coa xestión da asociación, era moi superior a calquera dos outros centros cívicos xestionados a través dunha empresa concesionaria. Si algo caracteriza a un centro cívico é a participación veciñal na súa xestión.

Polo que entendemos que debe incluírse a partida que xa figuraba no orzamento de 2013, do convenio entre a Asociación Veciñal de Teis e o Concello de Vigo por un importe de 55.000 euros, para a xestión e actividades do centro cívico.

Por último, sinalar que as reducións realizáronse de partidas que son gasto do que pode prescindir un goberno municipal, cando nos barrios hai carencia de servizos como beirarrúas dignas, parques infantís ou unha rede abastecemento de auga.

 Vigo, 30 de novembro de 2015.

Asdo. Anxo Iglesias Covelo

Secretario da Asociación Veciñal de Teis