A Asociación Veciñal de Teis, organiza un acto informativo sobre o borrador de Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) este venres 18 de setembro ás 19:30 horas, no auditorio de Teis, na rúa Irmans Misioneiros dos Enfermos Pobres, 12.

Neste acto contaremos coa presenza de Mauricio Ruiz, ex-concelleiro de urbanismo en Vigo é avogado.

Queremos agradecer a colaboración da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “ Eduardo Chao”, que está asesorando as asociacións, neste tema importante para os barrios e parroquias da cidade.

Este é o segundo acto informativo que organiza a Asociación, o anterior celebrámolo a comezos do mes de agosto. Neste acto acordamos organizar un novo acto informativo no mes de setembro, debido a elevada demanda de información que existe entre a veciñanza.

O vindeiro 23 de setembro, a Asociación está convocada a unha xuntanza coa concelleira de urbanismo, para explicar o borrador do PXOM.