A Asociación Veciñal de Teis e as Anpas de Teis, imos conmemorar o día das Letras Galegas en Teis, este martes 16 de maio ás 18:30 horas, cun acto cultural diante do edificio do antigo centro de saúde

Este acto pretende  tamén reivindicar a  construción da  biblioteca en Teis anunciada por Abel Caballero, Alcalde de Vigo, desde hai 9 anos.

O acto consistira na distribución  de libros de balde entre a veciñanza para fomentar o uso da lectura na nosa lingua e a actuación dun contacontos.

Desde Asociación e as Anpas, levamos anos a reivindicar que Teis necesita unha biblioteca, que o edificio que ocupaba o antigo centro de saúde na rúa Enrique Lorenzo, pechado desde o ano 2000, cunha superficie de 1000 metros cadrados, se destinase para biblioteca entre outros usos dotacionais.

Defendemos que neste edificio acolla unha biblioteca, ludoteca e local xuvenil. Queremos que  este edificio conte con libros, e non se limite a unha simple sala de lectura, como figura na documentación do Concello.

O goberno municipal leva anos anunciando a remodelación deste edificio, o último anuncio é que as obras comezarían en 2021 para estar en funcionamento en 2022. O Alcalde, anunciou o proxecto da biblioteca xa en 20 ocasións. 

A día de hoxe  descoñecemos cal é o proxecto e os prazos reais para a construción da biblioteca de Teis.