NOTA DE IMPRENSA

 

A HUMANIZACIÓN, FOI UN LOGRO DA VECIÑANZA.

ABRESE A RÚA ENRIQUE LORENZO

LOGO DE  ANO E MEDIO EN OBRAS.

 

Segundo fontes municipais, este xoves 30 de maio serán inauguradas as obras de remodelacióne humanización da  rúa Enrique Lorenzo, logo de ano e medio de obras nesta rúa.

A Asociación Veciñal de Teis, xa demandou   o pasado  1 de maio a finalización destas obras e a apertura desta rúa, logo de tantos meses en obras, das molestias a veciñanza e cando faltaban só a colocación de bancos, árbores e papeleiras e isto demorou  aínda varias semanas innecesariamente a finalización das mesmas.

As obras nesta rúa comezaron coa mellora da rede de abastecemento de auga ao Morrazo, feitas polo organismo Augas de Galicia e no pasado verán comezou o Concello de Vigo coas obras de mellora e remodelación desta rúa do barrio de Teis

Lembremos que a remodelación desta rúa por parte do Concello de Vigo, provocou  debido a falta de información e a un investimento insuficiente, a paralización das mesmas durante dúas xornadas do mes de agosto de 2012. As mobilizacións obrigaron a unha rectificación do goberno municipal, facilitando información a asociación, a veciñanza  e  a redacción dun proxecto para está rúa.

A Asociación Veciñal de Teis, valora como un logro da veciñanza de Teis  a remodelación  integral desta rúa, fora finalmente unhahumanización como se merece o barrio e a veciñanza da rúa Enrique Lorenzo e non un simple lavado de imaxe que era a intención do goberno municipal. A concellaría de Fomento, por exemplo pretendía que as beirarrúas foran con formigón pintado ou cortar de todas as árbores existentes  na rúa.   

 

Vigo,  29 de maio de 2013.

Asdo. Anxo Iglesias Covelo.

Secretario da A.V. de Teis