A VÍA VERDE, ESTÁ PARALIZADA DESDE HAI UN ANO E AÍNDA NON HAI DATA PARA O COMEZO DESTAS OBRAS.
A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar públicamente que desde hai un ano, que se paralizaron as obras do proxecto da Vía Verde, e a día de hoxe non temos unha nova data para o comezo destas obras, polo que acabaremos 2020 con este proxecto sen executar.
No mes de xaneiro deste ano produciuse a renuncia da empresa adxudicataria do proxecto da Vía Verde, incluía a finalización das obras en agosto de 2019.
As obras do proxecto da Vía Verde comezaron o 14 de febreiro de 2019 e anunciábase que a obra estaría rematada nun prazo máximo de seis meses, a realidade que só se executou un tramo de 400 metros inaugurado a comezos de agosto de 2019.
A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito a Concellaría de Fomento, en varias ocasións ao longo de 2019 e en xuño de 2020, solicitando a mellora do proxecto, nos seguintes aspectos:
· A ampliación do paso inferior da Xorxa, ao ser moi estreito, o que permitiría mellorar os aceso e o paso de vehículos.
· A reparación do paso elevado sobre a vía que comunica co camiño da Trapa.
· Que lindeiro coa vía hai un terreo na avenida de Galiza,a altura dos números 212-216, que nos planos do proxecto observamos que vaise acondicionar con xabre. Propoñemos que sexa unha area de descanso. Ademais que se manteña o aceso actual a vía desde a avenida de Galiza nese punto, o que permite comunicar a avenida de Galiza co camiño da Ferreira.
· Que se realice un aceso peonil que permita a través da Vía Verde comunicar a rúa párroco Don Serafín e a avenida de Galiza, a altura do peto das Animas.
· Construír no tramo final a altura do viaduto das Catro Pontes, un aceso a vía desde a avenida de Galiza, a altura do número 304, o permitiría comunicar a vía co lavadoiro da avenida de Galiza e co río Pugariño.
A realización da Vía verde é unha oportunidade para mellorar os acesos nos camiños da Xorxa, ampliando o pasos inferiores desta vía, que é moi estreito.
A Asociación Veciñal de Teis, tamén solicitamos no mes de febreiro unha xuntanza co Concelleiro de Fomento, sen recibir ningunha resposta até o de agora.
Estas propostas da Asociación Veciñal de Teis, permitirían mellorar os acesos en varios lugares e por en valor o patrimonio natural e etnográfico do río Pugariño.
A Asociación tamén solicitou que o goberno municipal, xa que non vai comezar estas obras paralizadas, que roce a vexetación nos terreos da Vía Verde, pois a vexetación xa é abundante en moitos tramos e hai moitas vivendas próximas a este terreos.
Por último, esiximos do goberno municipal, que mellore o proxecto da Vía Verde coas achegas veciñais e se elabore un calendario real coa execución deste proxecto.