A VECIÑANZA TEIS, CONSEGUIU OS ASEOS PÚBLICOS DA ETEA.
Desde o pasado fin de semana, están abertos os aseos públicos da ETEA, no antigo edificio dos vestiarios, no actual parque público.
A construción destes aseos, é un novo logro da veciñanza de Teis, despois das mobilizacións do pasado verán, na que se denunciaba o abandono dos terreos da ETEA, tanto por parte do Concello de Vigo como da Xunta de Galiza.
Un claro exemplo do abandono da ETEA, era que non había nin simple un aseo público e foi unha das reivindicacións nas últimas mobilizacións.
No caso da colocación dos aseos públicos, tanto o Concello de Vigo e a Xunta de Galiza, poñían escusas para non realizar esta actuación tan demanda desde había anos, de quen era a competencia, quen se ía encargar do seu mantemento, etc.
Despois do éxito das mobilizacións, foi unha competencia entre Xunta e o Concello, por quen colocaría os aseos.
A cafetaría segue pendente.
O pasado 30 de novembro de 2022, a delegada da Xunta, Marta Fernández Tapias, anunciaba varias actuación nos terreos da ETEA, entre elas que o edificio que ocupaba a antiga panadería serviría como cafetaría, para o que xa tiña contratado un estudo de viabilidade e que permitiría a súa posta en funcionamento.
A dia de hoxe descoñecemos o estudo de viabilidade e aínda non hai ningunha data para a construción da cafetería da ETEA.
A ETEA segue abandonada.
Desde a Asociación, seguen pendente actuacións importantes para a recuperación da veciñanza da ETEA, para a Asociación é prioritario a urbanización do PS-1 bloqueada polo Concello de Vigo ou a construción da anunciada residencia para os nosos maiores, hai 6 anos pola Xunta.
Despois da saída dos militares no ano 2002, segue abandonada pola falta de vontade política das administracións, Concello de Vigo e a Xunta de Galiza e utilizar a ETEA, para recuperar este espazo privilexiado.
