A VECIÑANZA DE TEIS, PARALIZA AS OBRAS DA RÚA ALONSO OJEDA.
Un grupo de veciños/as da rúa Alonso Ojeda, xunto a membros da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, concentrados nesta rúa desde ás 9:00 horas, provocaron a paralización das mesmas.
Desde o pasado 27 de marzo, estamos solicitando da Concellaría coñecer os o proxecto desta obra e a urxencia de manter unha xuntanza con responsábeis da obra, debido a falta de información e as queixas da veciñanza polo desenvolvemento das mesmas.
Logo de case un mes a veciñanza decidiu non agardar máis polo Concello e mobilizarse na mañá de hoxe.
Unha das queixas máis importantes e como se están realizando as obras de renovación da rede de saneamento, debido a que os baixos poder non ficar conectados a rede.
A nova rede de saneamento desta rúa non pode supor ningún custe e que veciñanza non está disposta a realizar ningunha obra, nin agora, nin no futuro, nos edificios relacionado coa conexión a rede de saneamento. Ademais queren que as beirarrúas sexan en lousa de granito.
Logo de estar durante tres horas concentrados e de que aparezan pola obra técnicos do Concello, acordamos realizar está tarde ás 17:00 horas, unha asemblea no local da asociación coa presenza de técnicos do Concello, para informar a veciñanza e que escoiten as demandas da veciñanza, co obxectivo de mellorar esta obra.
As obras reanudaronse con normalidade a suspenderse a concentración da veciñanza, agardando a xuntanza desta tarde.
Desde a Asociación Veciñal de Teis, queremos denunciar que só logo da mobilización, desde o Concello estiveron dispostos a escoitar a veciñanza.
Vigo, 20 de abril de 2015
Anxo Iglesias Covelo
Secretario da A.V. de Teis