Na asemblea veciñal celebrouse na tarde de onte, no local social da Asociación, para tratar sobre a situación da piscina municipal da parroquia, que se atopa pechada desde o incendio ocorrido o pasado 28 de maio de 2022.

Nesta asemblea acordouse que a Asociación Veciñal de Teis, solicitar unha xuntanza co concelleiro de Deportes, Manuel Fernández Pérez, para tratar a situación da piscina e demandar ao goberno municipal o inmediato inicio das obras da reforma da piscina e que se informe duns prazos reais para a apertura da piscina.

Esta piscina leva pechada case 10 meses, co prexuízo que isto provoca para os/as 1500 usuarios/as desta instalación deportiva (piscina e ximnasio), que agora teñen que desprazarse a outras instalacións  municipais, como Lavadores e As Travesas.

Isto unido que tamén afecta as actividades extraescolares dos centros educativos de Teis, nalgún caso están desprazados con menos prazas a outra piscina ou sen actividade extraescolar.

A realidade é que a día hoxe aínda non comezaron as obras na piscina e non hai ningunha data para o inicio das mesmas, polo que o enfado e a indignación da veciñanza é grande, como onte quedou claro na asemblea veciñal de onte.