A.V.Teis esixe a reparación dos nichos do cemiterio
A.V. DE TEIS, ESIXE A REPARACIÓN DOS NICHOS DO CEMITERIO.
A Asociación Veciñal de Teis, denuncia que o Concello de Vigo, aínda non arranxou os nichos do cemiterio de Teis, apuntalados desde novembro de 2012, incumprindo o anuncio de Abel Caballero, Alcalde de Vigo, nunha comparecencia publica o 12 de marzo de 2013.
Ao longo do mes de novembro de 2012, debido a falta de estabilidade de 181 nichos do cemiterio municipal de Teis, como medida de protección e seguranza apuntálanse estes nichos. Está medida valorámola desde asociación como unha medida necesaria naquel momento, pero algo transitorio.
Que a xunta de goberno local celebrada o pasado 2 de agosto de 2013, acordou declarar de interese público municipal a reparación dos nichos no cemiterio de Teis e encargar a redacción dun proxecto de reforma dos mesmos.
O pasado 13 de decembro de 2013, diante da falta de execución das obras de mellora da cimentación, solicitamos a Concellaría de Sanidade, os termos do proxecto e cando se van realizar a reparación dos nichos, sen recibir ate o de agora ningunha resposta.
A situación actual é que os nichos con deficiencias seguen apuntalados desde fai máis dun ano e desde a Asociación Veciñal de Teis esiximos publicamente a reparación dos mesmos.
Vigo 21 de xaneiro de 2014.