A. V. DE TEIS, RECLAMA QUE NOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS SE INCLUIA O CONVENIO DO CENTRO CÍVICO DE TEIS.
A. V. DE TEIS, RECLAMA O CONVENIO DO CENTRO CÍVICO DE TEIS.
A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar publicamente que segundo fontes na negociación entre o goberno municipal e o Partido Popular para a elaboración do orzamento do Concello de Vigo para 2014, non se inclúe ningunha partida que recolla o convenio entre a Asociación Veciñal de Teis e o Concello para a xestión do Centro Cívico de Teis, que permite a está asociación a realización dunha ampla oferta de actividades culturais neste centro no barrio de Teis.
Este convenio co Concello de Vigo existe desde a apertura do Centro Cívico 2002, pero é coñecida a intención do goberno municipal que preside Abel Caballero, que desapareza este convenio para que a asociación non xestione o Centro Cívico. Xa finais do ano 2012 , o goberno municipal anuncio a non renovación do convenio cara 2013, pero a presión social e a negociación dos orzamentos co BNG, fixo finalmente a inclusión desta partida.
A decisión de non manter o convenio coa Asociación Veciñal de Teis, non se debe nin a cuestións económicas, nin de mellora na xestión do centro, si non que é unha medida de represalia contra está asociación polo seu carácter reivindicativo e independente co goberno municipal (apertura instalacións deportivas da ETEA, humanización rúa Enrique Lorenzo, rotura tubaxes no barrio, xestión centro cívico, etc).
Desde a Asociación agardamos que o grupo municipal do Partido Popular, non sexa cómplice das intencións do goberno municipal de tomar represalias contra está asociación e o movemento veciñal e que na negociación aínda non pechada se inclúa a partida que garanta a sinatura do convenio.
Na xuntanza que mantivo o pasado 21 de febreiro unha representación da asociación co grupo municipal do PP, comprometéronse connosco a defender na negociación dos orzamentos 2014 as demandas do barrio entre elas o convenio. Diante destas situación na tarde de onte solicitamos unha xuntanza co grupo municipal do PP, na que solicitamos que este presente José Manuel Figueroa, como portavoz do grupo.
Necesidades do barrio de Teis
Nas necesidades do barrio de Teis para os orzamentos, nos acordos iniciais entre o goberno e o PP, non figuran todas as demandas trasladadas pola asociación, como son a mellora da rede abastecemento de auga e saneamento debido as continuas roturas ( rúa Purificación Saavedra, subida Ponte, rúa Gerardo Campos Ramos,Campa, travesías de Espiñeiro ) ou construción de beirarrúas en rúas onde non hai (rúa Gerardo Campos Ramos,1º Travesía da Oliveira, Rúa Foxos e rúa Rorís).