A.V. DE TEIS, OPONSE AS VIVENDAS NA ETEA.
A.V. DE TEIS, OPONSE A DESTINAR A RESIDENCIA DE OFICIAIS DA ETEA PARA VIVENDAS
A Asociación Veciñal de Teis, quer amosar publicamente a súa oposición a que se destine a residencia de oficiais da ETEA para vivendas sociais, como aprobou o pleno municipal celebrado o pasado luns, co apoio unicamente do grupo municipal do PSOE.
Esta asociación sempre se opuxo a destinar os terreos da ETEA, como uso residencial, así o manifestamos cando se aprobou o plan sectorial da ETEA.
Estamos falando duns terreos que durante décadas debido a presenza militar provocou que a veciñanza tivera o acceso prohibido, impediu o desenvolvemento da parroquia de Teis, destruíron parte do litoral. Agora estamos diante dunha oportunidade para integrar estes terreos na parroquia e permitir dotar de servizos (residencia para maiores, gardería…) a Teis e a Vigo.
O Alcalde, Abel Caballero, agora é favorábel as vivendas na ETEA cando en 2010 era contrario, así nolo manifestou nunha xuntanza coa xunta directiva desta asociación e en declaracións aos medios de comunicación (23/03/2010).
Abel Caballero, fala de construír vivendas na ETEA, cando os terreos que ocupa a residencia de oficiais son da Xunta e existe un plan de usos sectoriais aprobado desde fai anos.
O goberno municipal que preside Abel Caballero, quer vender as 14 vivendas municipais valeiras na rúa Rosalía de Castro, pero quer construír vivendas na ETEA.
Abel Caballero, xa que se preocupa tanto por darlle un uso aos terreos da ETEA, deberá cumprir coas responsabilidades do Concello con estes terreos que son moitas:
- Acabar dunha vez coa recuperación de toda as instalacións deportivas da ETEA, (piscina, pista squash pavillón, dotación ximnasio pavillón)
- Mantemento e limpeza do paseo marítimo e parque público.
Os espazos do paseo marítimo e o parque público, presenta un estado de abandono, non hai mantemento dos espazos verdes, non se limpan. O paseo marítimo non conta cunha soa papeleira, paseo realizado polo Concello en 2011.
Vigo, 1 de xuño de 2016
Anxo Iglesias Covelo
Secretario da A.V de Teis