As Asociacións Veciñais de Teis e de Chapela, denuncian a falta de información e unha data real para a supresión da peaxe no tramo Redondela-Vigo, da autoestrada AP9, logo do anuncio de suprimir esta peaxe no mes de xullo.

A comezos do pasado mes de abril, ambas Asociacións Veciñais, solicitamos por escrito unha xuntanza co novo delegado do Goberno en Galiza, José Manuel Miñones Conde, logo do seu nomeamento o pasado 31 de marzo de 2021, para tratar as reivindicacións pendentes sobre a autoestrada AP9,supresión da peaxe no tramo Redondela-Vigo, a conversión en tramo urbano desde Padín até o centro da cidade de Vigo, a instalacións de pantallas contra o ruído, a mellora dos pasos elevados da Xorxa e da Trapa ou as obras de humanización na parroquia de Chapela logo da última ampliación.

Levamos tres meses agardando pola celebración dunha xuntanza, logo dunha solicitude por escrito e de reiterada chamadas. É unha vergoña que un cargo publico, non recibía as uns colectivos sociais para tratar sobre cuestións tan importantes, non só para Teis ou Chapela, se non para a cidade de Vigo.

Chega de enganos e escusas por parte do Goberno do Estado, para suprimir a peaxe no tramo Redondela-Vigo, levamos anos padecendo as mentiras e falta de vontade política por parte dos diferentes gobernos do Estado neste tema.

O Ministro de Fomento, Íñigo de la Senra, anunciando que en xullo de 2018 está peaxe estaría suprimida e aínda estamos agardando a día hoxe.

No pasado mes de abril, o Ministro de Transportes, José Luis Abalos, anunciaba para o mes de xullo para a supresión da peaxe, daquela manifestamos que non entendiamos porque había que agardar até o mes de xullo, cando nós orzamentos do Estado de 2021, figura xa unha partida para destinar o pago da peaxe deste tramo da autoestrada.

As demandas veciñais sobre a autoestrada AP9, non se limitan só a supresión da peaxe. Queremos lembrar a importancia é a necesidade de que a supresión desta peaxe, supoña tamén a conversión da autoestrada en tramo urbano desde Padín (Teis) ate o centro da cidade, con acesos, o que permitiría reducir o elevado tráfico que padece Teis e Chapela, especialmente nas rúas Sanjurjo Badía, na Travesía de Vigo en Teis e na avenida de Vigo e na avenida de Redondela en Chapela.

Non menos importante son as medidas contra contaminación acústica, coa instalación de pantallas, debido a elevado ruído que padece a veciñanza que vive no entorno da autoestrada AP9.

Logo levamos dous anos reivindicando a mellora dos pasos elevados da autoestrada en Teis, en concreto nos camiños da Xorxa e da Trapa, debido a súa falta de mantemento e impedir a incomunicación deste lugares de Teis, como pretende o Ministerio de Transportes.

Tamén está pendentes as obras de humanización na parroquia de Chapela, provocadas pola última ampliación da autoestrada AP9, as cales están aprobadas na adenda.


Concentración na Subdelegación de Pontevedra