O pasado 24 de outubro, presentamos no rexistro xeral do Concello de Vigo dirixido a Concellaría de Mobilidade,Transporte e Seguranza, un escrito solicitando o pintado dos dous pasos de peóns que hai  no tramo inicial da rúa Doutor Corbal, debido a que están parcialmente borrados, nunha rúa moi transitada e cun centro escolar diante dun dos pasos de peóns.

A Asociación Veciñal de Teis, leva desde fai máis dun ano  solicitando o pintado destes pasos de peóns. Pois xa presentamos tres escritos no rexistro xeral o primeiro o 29/09/2011, o segundo 14/05/2012 e o último o pasado 24/10/2012.

A falta de mantemento  dos pasos de peóns no barrio de Teis é tamén visíbel noutras rúas do barrio como Maceiras ou Enrique Lorenzo, agora en obras de humanización.  Como é posíbel que se demore un ano en realizar o pintado duns pasos de peóns logo de tres escritos?

A Asociación Veciñal de Teis, solicitou no mes de outubro manter unha xuntanza con Carlos Font, concelleiro de Mobilidade,Transporte e Seguranza, para tratar sobre a situación das liñas do transporte urbano no barrio, pero que tamén aproveitaremos para falar sobre o mantemento dos pasos de peóns.

 

Vigo 8 de novembro de 2012.