A.V. DE TEIS, DENUNCIA O TOTAL ABANDONO  DA PISTA DEPORTIVA DAS COUTADAS.

  A Asociación Veciñal de Teis, desde fai varios anos reivindica unha    actuación do Concello de Vigo, na pista deportiva do parque das    Coutadas en Teis, debido ao seu estado de total abandono.

Desde a Asociación  dirixímonos en tres ocasións (outubro 2013, decembro 2014 e abril de 2015)  por escrito a Concellaría de Deportes, denunciando o mal estado desta pista deportiva e demandando unha actuación do Concello.

As porterías están deterioradas, non teñen redes ou están rotas. Os laterais da pista na súa maioría tampouco hai redes, para evitar a perda dos balóns, a única bancada tamén está deteriorada e hai falta de limpeza.  O que máis chama atención, é que a pista deportiva, debido a falta de mantemento, xa non hai liñas e faise difícil practicar algunha modalidade deportiva. Achegamos fotos.

En xaneiro do 2014 aprobouse un investimento de 6 millóns de euros do superávit de 2012, dos cales 220.000 euros serían para reformar varias pistas deportivas da cidade, entre as que se incluía a das Coutadas.

A situación é que estando en maio de 2015, aínda non se actuou na mellora desta pista deportiva.

Desde a Asociación preguntámonos, onde se investiu o diñeiro para mellorar esta pista deportiva?

Vigo, 7 de maio de 2015

 

Anxo Iglesias Covelo

Secretario da A.V. Teis.