A.V. de Teis denuncia novas roturas das tubaxes en Teis
Está mañá a Asociación Veciñal de Teis, presentou no rexistro xeral do Concello, a solicitude dunha xuntanza urxente co Concelleiro de Fomento, David Regades, polas continuas roturas das tubaxes de abastecemento de augas nalgunhas rúas do barrio de Teis.
O pasado 6 de novembro produciuse a rotura da tubaxe de abastecemento de auga na rúa Boan, provocando o afundimento desta rúa e o peche da rúa.
No día de onte, houbo novas roturas na avenida de Galiza e na rúa Balbarda, nestas rúas son continuas as roturas.
A Asociación Veciñal de Teis, xa denunciou por escrito reiteradamente, publicamente a través dos medios de comunicación e nunha xuntanza mantida co Concelleiro de Fomento este ano.
As roturas das tubaxes de abastecemento de auga prodúcense desde fai anos e debese a que son tubaxes moi antigas de fibra de cemento, material que rompe con moita facilidade.
O Concello de Vigo debe elaborar un plano de mellora e substitución das tubaxes con continuas roturas e exixir a implicación da concesionaria Aqualia, no mantemento da rede de sabastecemento
Vigo, 9 de novembro de 2012