A Asociación tamén defende  que  a AP-9 sexa transferida a Xunta de Galiza.

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito ao Alcalde de Vigo, a Conselleira de Infraestruturas e a Ministra de Fomento,  para trasladarlle a nosa posición  sobre a demanda histórica de  que sexa  vía urbana a AP-9 o tramo de aceso a cidade.

Nestes escritos manifestamos o noso apoio a decisión da comisión de infraestruturas do  parlamento galego  que o pasado 4 de marzo, aprobou unha proposición para que o goberno do Estado, transfira a AP-9 a Xunta, o  que podería permitir  unha rebaixa das peaxes, a eliminación nalgúns tramos ou a mellora na xestión desta vía.

A Asociación Veciñal de Teis, sempre defendeu converter en vía urbana a AP-9 no tramo de aceso o centro da cidade, isto permitiría mellorar as comunicacións no barrio de Teis e desconxestionar a rúa Sanjurjo Badía, que ten un elevado paso de vehículos ao non existir unha vía alternativa.

En todo caso entendemos que a vía urbana deberá ser desde onde comeza o termo municipal de Vigo, desde as Torres de Padín e non limitalo só desde a avenida de Buenos Aires.

A vía urbana só desde Buenos Aires, sería unha actuación incompleta para mellorar as comunicacións no barrio de Teis, tendo en conta que na Torres Padín, hai un no de comunicacións  e pódense realizar actuacións  como por exemplo  unha saída da autoestrada desde tramo de Puxeiros.

Por último, solicitamos de todas as administracións públicas  que realicen as xestións necesarias para que sexa vía urbana AP-9, no tramo desde as Torres de Padín até o centro da cidade.

Vigo, 28 de marzo de 2016

 

Anxo Iglesias Covelo

Secretario  da A.V. de Teis