A.V. DE TEIS, DEMANDA AO CONCELLO IMPLICACIÓN NO CONFLITO DE VITRASA.
A Asociación Veciñal de Teis, demanda do Concello de Vigo, unha implicación para a finalización do conflito laboral na empresa Vitrasa, que esta afectando ao servizo do transporte urbano en Vigo.
Desde agosto de 2021, os/as traballadores/as levan con paros parciais, folgas de 24 horas e mobilizacións na demanda dun convenio digno na empresa Vitrasa.
Estas mobilizacións están afectando desde hai mais de dous anos ao servizo diario de autobús, o supón graves molestias aos usuarios/as ( supresión de autobuses, demora na frecuencias, etc)
É provocando un forte malestar entre a veciñanza que utiliza o autobús urbano, por unha situación que se prolonga demasiado tempo, sen verse unha solución en breve.
A isto, sumar que a Vitrasa despois da pandemia da COVID, realizou un recorte nas frecuencias e servizos de maioría das liñas, no caso de Teis ( C3,C5, L17,L31 …) empeorando o servizo de forma clara, sen que o Concello fixera nada.
Neste tempo observamos como o Concello de Vigo, responsable máximo dun servizo municipal, ten unha actitude totalmente pasiva e non se implica para atopar unha solución ao conflito e esixir a Vitrasa, que non reduza frecuencias e servizos de autobús. Todo indica que o transporte urbano, non é unha prioridade, para este goberno municipal.
Desde a Asociación Veciñal de Teis, queremos manifestar o noso apoio aos traballadores/as de Vitrasa e facer un chamamento a veciñanza a participar na manifestación deste vindeiro venres 20 de outubro ás 19:00 horas, desde Os Choróns.
