Desde fai anos estamos comprobando que os parques infantís existentes en Teis, son insuficientes para cubrir as demandas das familias con nenos/as do barrio.

O pasado 15 de setembro, a Asociación Veciñal de Teis presentamos un escrito demandando da Concellaría de Parques e Xardíns, a construción dalgún novo parque infantil no barrio.

Desde a asociación neste escrito, sinalamos unha parcela municipal que se podería destinar a parque infantil, na rúa dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres.

Esta propiedade municipal carece de uso e está abandonada. Esta asociación xa en xuño de 2011, xa propuxo por escrito que este espazo destinarase a parque público (achegase foto).

Diante da falta de resposta da Concellaría de Parques e Xardíns, solicitamos o pasado 17 de novembro, unha xuntanza co concelleiro desta area, para tratar sobre a situación dos parques infantís en Teis

Desde a asociación queremos lembrar ao goberno municipal de Abel Caballero, que o último parque infantil creado no barrio na rúa Pedro Alvarado, tamén foi pola demanda da veciñanza, pero que non conseguiu atender as necesidades da veciñanza.

Vigo, 4 de decembro de 2014.

Asdo. Anxo Iglesias Covelo

Secretario da Asociación Veciñal de Teis