A Asociación Veciñal de Teis, denuncia que a Subdelegación do Goberno, afirma que o mantemento dos pasos elevados da autoestrada AP9, depende da concesionaria, sen que o Ministerio de Transporte, teña ningunha competencia sobre eles.

Ademais, de sinalar que debemos dirixirnos ao Concello de Vigo, pois contempla varias novidades sobre esta infraestrutura na redacción do novo PXOM.

A resposta a Asociación, prodúcese logo do escrito enviada no mes de outubro a Subdelegación do Goberno, solicitando a celebración dunha xuntanza entre a Subdelegada, demarcación de Estradas, concello de Vigo e está Asociación, na procura dunha solución a reivindicación da mellora dos pasos elevados da Xorxa e da Trapa.

Desde a Asociación, consideramos un escándalo que a Subdelegación do Goberno, dea como resposta que o Ministerio de Transporte, non ten ningunha competencia sobre os pasos elevados. Cando esta autoestrada, depende do goberno central e polo tanto do Ministerio de Transportes. O goberno central, pretende desentenderse deste demanda e trasladarlle o problema en exclusiva a concesionaria, Audasa.

Nestes anos, que dirixímonos por escrito reiteradamente ao Ministerio,Subdelegación ou demarcación de estradas, nunca se citou a concesionaria da autoestrada, Audasa.

Unha cousa será quen terá que facerse cargo da mellora dos pasos elevados e outra será quen teñen que tomar a decisión e esixir que se realice a obra. A Asociación,vaise dirixir a Audasa, que xa coñece o problema, pois teñen estado técnicos de Audasa, nestes pasos elevados.

Nesta resposta, tamén deixa claro que o Concello de Vigo, titular dos camiños e dos pasos elevados, ten que implicarse na procura dunha solución.

Non imos permitir que o goberno central, se rían e marxine a veciñanza de Teis e esiximos unha implicación da administración central neste asunto, que pasa unicamente pola mellora dos pasos elevados na Xorxa e na Trapa.