A DIRECCIÓN XERAL DE COSTAS, SINALA QUE O MANTEMENTO DO PASEO MARITIMO E DA TORRE DE VIXILANCIA NA PRAIA DA PUNTA, SON COMPETENCIA MUNICIPAL.
O pasado mes de xuño, desde a Asociación, dirixímonos con sendos escritos a ao Alcalde de Vigo e a Directora Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, do Ministerio para a Transición Ecolóxica, para esixir a ambas administracións unha actuación para mellorar a praia de Punta e o seu entorno.
O pasado 8 de xullo, a Dirección Xeral da Costa e o Mar, contesta ao noso escrito sinalando ” Se informa igualmente que el paseo marítimo fue construido por el ayuntamiento de Vigo, corresponde por tanto al mismo su mantenimiento, al igual que el desmontaje de la torre de vigilancia dado que se encuentra en una parcela propiedad de dicho ayuntamiento”.
Neste mesmo escrito informásenos que se actuara na mellora do espigón, lindeiro coa praia.
Diante deste escrito, dirixímonos ao Concello de Vigo, solicitando unha actuación urxente sobre o paseo marítimo e sobre a torre de vixilancia, sen recibir ningunha resposta.
Tamén, dirixímonos ao servizo provincial de Costas en Pontevedra, preguntando pola actuación no espigón e recibimos unha resposta por escrito neste mes de agosto, onde se nós informa “ Que la actuación que se pretende realizar es crear una superficie de solárium en la coronación del dique. Para ello se creara una losa de hormigón de 250 m2 sobre la que se extenderá una capa de arena de 20 cm de espesor. Esta actuación se realizara con el contrato de mantenimiento, no obstante está previsto adjudicar, no obstante está previsto que se ejecute durante el presente año 2021. “
A praia de A Punta, é o areal máis importante con que conta o barrio de Teis. Ademais, a praia esta en contacto co paseo marítimo e co parque público da ETEA, polo que é un dos lugares de lecer máis importantes da cidade nos meses de verán, independente da súa falta de mantemento e de dotacións.
A praia de A Punta, presenta varias deficiencias xa denunciadas pola Asociación diante das diferentes administracións, a rampla de acceso esta afundida, o mal estado da torre de vixilancia, o paseo marítimo esta sen firme en moitos tramos, etc.
Este areal ten un problema espazo, pois queda moi reducido o areal cando a marea esta alta, o que provoca que a veciñanza téñase que colocar no entorno.
Desde esta Asociación, propoñemos que para gañar espazo, se acondicione unha superficie entre o paseo marítimo e o parque público. Na actualidade este espazo esta descoidado, cun terreo irregular e con vexetación.
Ademais, poderíase acondicionar o peirao lindeiro coa praia. Este peirao xa o utiliza a veciñanza, aínda estando no estado actual. Esta proposta trasladouse ao servizo provincial de Costas de Pontevedra, hai mais de dous anos.
Tamén é necesario acondicionar ou desmontar a torre de vixilancia existente, ao supor un perigo pois está moi deteriorada, pois xa houbo algúns desprendementos de pezas metálicas.
Por último, desde Asociación, agardamos que o Concello de Vigo, realice unha actuación de mellora no paseo marítimo, que bordea a praia da Punta e a ETEA e da torre vixilancia ambos con cunha falta de mantemento que denunciamos desde hai anos, e que Costas cumpra co anuncio de actuar no peirao da praia Punta, como reivindicamos desde hai anos e que suporía gañar un espazo para a veciñanza importante nesta praia.