A ASOCIACIÓN,DENUNCIA TRES ROTURAS NA TUBAXE DA AUGA, NA SUBIDA A PONTE, AO LONGO DESTA SEMANA.
Desde a Asociación Veciñal de Teis, queremos denunciar que esta semana producíronse 3 roturas en días diferentes ( luns, xoves e venres) na tubaxe de abastecemento de auga na Subida a Ponte.
Isto non é un caso illado levan como mínimo dez anos, con roturas na rede de abastecemento de auga a veciñanza da Subida a Ponte. Xa perdemos a conta das roturas na Subida a Ponte e o Concello de Vigo non toma medidas.
Estas roturas prodúcense con moita frecuencia debido ao mal estado da rede de abastecemento de auga, ao tratarse dunha rede de fibra de cemento.
As roturas provocan obras na rúa , corte do subministro e polo tanto molestias a veciñanza que padecen desde hai anos.
Desde a Asociación dirixímonos ao Concello e a empresa concesionaria “ Aqualia “ en repetidas ocasións denunciando está situación e demandando unha solución, sen recibir ningunha resposta.
Plan de mellora da rede de abastecemento en Teis
É urxente a elaboración dun plan de mellora da rede de abastecemento de auga en Teis, que elimine na súa totalidade as tubaxes de fibra cemento, actuando de xeito urxente na Subida a Ponte, Travesía de Chane e rúa da Campa.
A concesionaria en vez de preocuparse de renovar a rede de abastecemento, destina cantidades inxentes de diñeiro en campañas de publicidade, coa complicidade do goberno municipal de Vigo, mira para outro lado.
