Denunciamos que continúan as roturas da tubaxes

 a última este xoves  na avenida de Galiza.

A A.V. DE TEIS, ESIXE A E EXECUCIÓN DO PLAN DE INVERSIÓNS  DE AQUALIA PARA 2013 NO BARRIO.

 

 

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse fai quince días por escrito a Concellaría de Fomento, solicitando información sobre a execución do plan de inversións de Aqualia para 2013 en Teis, sen até o de agora recibir ningunha tipo de resposta, tendo en conta que estamos rematando o ano  

 

O pasado 31 de xullo  anunciábase por parte  da Concellaría de Fomento, unha serie de investimentos para este ano 2013 na renovación das redes na cidade, que incluía ao barrio de Teis, en concreto a rúa Boan, avenida de Galiza, avenida da Mariña, camiño Cancelo e a rúa Oliveira de abaixo, as obras comezarían no mes de outubro e finalizarían no mes de decembro deste ano. A realidade que é nestes intres só comezaron os traballos na rúa Boan o pasado mes de novembro.    

 

Desde  a Asociación, vimos demandando desde fai tempo a renovación das redes de abastecemento de auga e saneamento nalgunhas rúas e camiños do barrio, debido ao seu mal estado de conservación, o que provoca continuas roturas e molestias a veciñanza, corte no abastecemento de auga, danos nas vivendas, etc. Denunciamos que continúan as roturas a última este xoves na avenida de Galiza cun corte no abastecemento de auga, habituais neste avenida (achegamos fotos), precisamente unhas das rúas que figura no plan de inversións de Aqualia 2013.

 

A Asociación Veciñal de Teis, exixe o cumprimento do  plan de inversións de Aqualia para 2013 en Teis presentado publicamente. O goberno municipal debe preocuparse  de cumprimento e execución dos anuncios e de menos propaganda.

Por último, sinalar que está asociación valoramos que cara o futuro deberá recoller actuacións  na rúas do barrio, que non figuran no plan de Aqualia 2013, na rúa da Campa, rúa Gerardo Campos Ramos, Subida a Ponte, rúa Doutor Corbal, travesías da rúa Espiñeiro, rúa Purificación Saavedra e rúa Amieiro.