A ASOCIACIÓN VECIÑAL DE TEIS E A UNIÓN DE XUBILADOS PENSIONISTAS DE UGT VIGO, PROPOÑEN A ANTONIO COLLAZO, VIGUÉS DISTINGUIDO.
A Asociación de Veciñal de Teis e a unión de xubilados e pensionistas de UGT Vigo, presentamos onte un escrito conxunto solicitando para se lle conceda a Antonio Collazo Collazo, a distinción de vigués distinguido a titulo póstumo.
A finais do pasado mes de agosto de 2022, produciuse o falecemento de Antonio Collazo Collazo, veciño de Teis, quen fora directivo da Asociación Veciñal de Teis, ao longo de máis de dúas décadas, destacando o seu período como presidente.
Foi un home entregado a Asociación Veciñal de Teis, tendo adicado máis de 23 anos da súa vida de xeito desinteresado a Asociación. Pola súa longa traxectoria e implicación era un dos referentes do movemento veciñal de Vigo.
Sempre foi unha persoa de ideas de esquerda e comprometido co seu pobo,
pois ademais de implicarse co movemento veciñal, participou tamén no movemento sindical. No ámbito sindical foi membro da executiva da federación de químicas e enerxía de UGT Vigo e actualmente era membro do comité da unión de xubilados e pensionistas de UGT Vigo.
Tamén debemos destacar a súa faceta humana: honesto, comprometido, solidario, dialógante. Que se facía querer por calquera persoa que o coñecía. Un home de ben.
O pasado 28 de xaneiro, celebramos en Teis unha homenaxe no local social da Asociación. Neste acto houbo unha presenza importante de representantes de todos os partidos políticos con representación institucional, movemento asociativo e sindical de Vigo, no que quedou demostrado o cariño e o recoñecemento que existe na cidade a figura de Antonio Collazo Collazo.