A Asociación Veciñal de Teis celebra eleccións para a nova Xunta Directiva
ASEMBLEA PARA A ELECCIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA DA A.V. DE TEIS.
Este sábado 6 de abril ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 horas en segunda convocatoria, temos convocada a asemblea xeral de socios/as no local social, para a elección da nova xunta directiva dos vindeiros tres anos.
Na tarde de onte, rematou o prazo que recolle o regulamento do proceso da elección da xunta directiva, para a presentación de candidaturas, para optar a dirixir a Asociación Veciñal de Teis.
Presentouse unha única candidatura, que encabeza Antonio Collazo Collazo, actual presidente e que opta ao seu terceiro mandato. Esta candidatura está formada por 13 veciños/as na súa maioría, xa formaban parte da actual xunta directiva e hai a incorporación de dous veciños/as, que non formaban parte da directiva.
Asdo. Anxo Iglesias Covelo.
Secretario da A.V. de Teis