A Asociación Veciñal de Teis,  o pasado 23 de decembro, solicitou por escrito a intervención dun representante da asociación no pleno municipal do vindeiro 30 de decembro, para expor a demanda da mellora dos pasos elevados na autoestrada AP9 en Teis, en concreto os pasos sobre os camiños da Xorxa e da Trapa, como así recolle  o regulamento orgánico do pleno, no  seu artigo 54.

A decisión de solicitar a intervención  no pleno por parte da asociación, débese a que levamos meses reivindicando a mellora dos pasos elevados sobre a autoestrada AP9, por parte das diferentes administracións, sen ter aínda unha solución.

Os pasos elevados dos camiños da Xorxa e Trapa, teñen 40 anos e carece dun mantemento axeitado e o Ministerio de Transporte, quer impedir o paso de vehículos, ao consideralos pasos peonís,  incomunicando estes lugares de Teis.

Desde a Asociación, consideramos que o Concello de Vigo, ten un papel importante nesta reivindicación, ao ser vías municipais, polo que debe haber unha  maior implicación  na solución a esta demanda veciñal.

Polo que entendemos necesario unha declaración da corporación municipal apoiando a demanda veciñal dun pasos elevados seguros nos camiños da Xorxa e da Trapa.

Carta a Audasa

A  Asociación, logo do escrito da Subdelegada do Goberno en Pontevedra, dirixímonos por escrito ao director xeral da Audasa, solicitando a mellora dos pasos elevados, polo  que estamos agardando unha resposta.  Temos claro que deberá ser a través do Ministerio de Transporte,  quen acordara coa concesionaria Audasa, ao ser unha vía estatal, a mellora destes pasos elevados e non querer desentenderse desta reivindicación e non asumir as súas responsabilidades.