A ASOCIACIÓN, REIVINDICA CREAR UN ” MÁIS QUE AUGA” NA ETEA.
A pasada semana dirixímonos desde a Asociación Veciñal de Teis, por escrito, aAbel Caballero, Alcalde de Vigo, trasladándolle a necesidade de mellorar as instalacións deportivas en Teis.
Que pasaría por mellorar as instalacións deportivas da ETEA, coa recuperación da piscina que se cubriu en 2017, que inclúa un spa, a construción dun amplo ximnasio con varias salas e pistas de padel.
Se o espazo actual das instalacións deportivas que xestiona o Concello de Vigo, fora insuficiente podería utilizarse parte dos terreos lindeiros do PS6, área de usos complementarios, da ETEA.
Isto permitiría a Teis, contar cun gran complexo deportivo, crear un “ Mais que auga na ETEA “, como teñen outras parroquias e barrios, nun lugar único como a ETEA , e que permita a veciñanza realizar todo tipo de actividades deportivas ( aerobic, zumba, mantemento, etc.).
Teis, tiña dúas piscinas, agora non conta con ningunha.
O pasado mes de agosto xa presentamos un escrito, na que lle manifestamos o Alcalde de Vigo, o noso malestar pola situación da piscina municipal que leva pechada na actualidade 17 meses, logo do incendio ocorrido o 28 de maio de 2022.
A situación en relación a piscina municipal segue sen avanzos e que se agrava cos orzamentos de 2024, que recoller unha partida ridícula de 450.000 euros, que confirma que a piscina municipal non vai estar en funcionamento en 2025, algo inxustificábel e incomprensíbel.
Si a piscina da ETEA, estivera funcionando na actualidade poida perfectamente cubrir a demanda da veciñanza de Teis, que agora ten que desprazarse polas diferentes instalacións deportivas da cidade.
En Teis, tiña dúas piscinas, agora non conta con ningunha e debido a mala xestión do goberno municipal, non imos a ter en funcionamento ningunha das dúas piscinas coas que contabamos en Teis.