Desde hai anos a Asociación Veciñal de Teis e a veciñanza, reivindicamos do Concello Vigo a construción dunha beirarrúa na rúa de Foxos, para garantir a seguridade da veciñanza, debido ao elevado trafico que transita por esta rúa.

Hai uns meses comezaron as obras de construción da beirarrúa na rúa Foxos, que remataron a finais de novembro, para nosa sorpresa comprobamos que só se construíu a beirarrúa nun tramo até a 1º Travesía de Foxos, deixando a maior parte desta rúa sen ela.

Diante desta situación a comezos deste mes de decembro dirixímonos por escrito a Concellaría de Fomento, demandando unha explicación e a construción da beirarrúa en todo a rúa, sen recibir como é habitual ningunha resposta por parte da Concellaría.

Desde a Asociación, diante desta situación, nas alegacións ao orzamentos do Concello de Vigo de 2022, demandamos a creación dunha partida para a construción de beirarrúas en Teis, incluíndo que se faga a beirarrúa en toda a rúa de Foxos.

Queremos lembrar que estaba anunciado a actuación en toda a rúa. Cal é o motivo para non realizar a construción da beirarrúa en toda a rúa de Foxos?. Cando se realizou un investimento que non supera os 56.000 euros.

O Concello de Vigo, anuncia continuas reformas de rúas en Vigo e logo fan actuacións parciais ou incompletas como na rúa de Foxos, que se levan demandando desde hai anos.

Rúa de Foxos