O pasado mes de abril, desde a Asociación Veciñal de Teis, dirixímonos a Concellaría de Festas, propoñendo que cara as festas do verán, agora que se esta a programar múltiples concertos, descentralizar algúns concertos no parque da Riouxa.

O parque da Riouxa, é un dos grandes parques da cidade, reúne condicións para a celebración de eventos de gran formato. En agosto de 2006, acolleu “ A noite máxica de Vigo”, no que se incluíu o primeiro Trofeo de Bandas de Gaitas, a actuación do grupo “ Celtas Cortos “ e unha exhibición de pirotecnia, que reuniu a milleiros de persoas.

Este parque está desaproveitado e infrautilizado, pois pode acoller un concerto e permitir tamén que a veciñanza de Teis, poda desfrutar na súa parroquia dun gran evento.

A oferta cultural do Concello de Vigo, en Teis é mínima durante todo o ano e non se pode limitar só a unha actuación puntual dunha coral ou dunha banda de música, pois temos espazos como o parque da Riouxa, que poden acoller eventos para milleiros de persoas.