A.V. DE TEIS, DEMANDA UN USO SOCIAL,

PARA O ANTIGO CENTRO DE SAÚDE.

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito ao Alcalde de Vigo, ao Delegado Territorial da Xunta de Galiza e ao Conselleiro, nas últimas semanas para trasladarlle a demanda de que o edificio que ocupaba o antigo centro de saúde de Teis, sito na rúa Enrique Lorenzo, destínese para a uso social en concreto para biblioteca, ludoteca e local xuvenil.

En Teis, contamos con 5 centros escolares públicos, 3 centros escolares privados- concertados, 1 centro escolar cooperativa e 4 institutos, pero carecemos dunha biblioteca publica en condicións, dunha ludoteca ou dun local onde poidan xuntarse, realizar actividades a mocidade do barrio.

Este edificio esta pechado desde o ano 2000, momento no que se pon en funcionamento o novo centro de saúde. O edificio construído no ano 1967, ten unha superficie de 1.000 metros cadrados, distribuído en varios andares e un semisoto.

Na actualidade quen se encarga do mantemento e conservación deste edificio é a Tesouraría da Seguranza Social. Nunha recente xuntanza entre a xunta directiva desta asociación con responsábeis deste organismo, manifestaron a súa disposición a colaborar con calquera administración pública, que queira destinalo para uso social, a través de varias formulas que recolle a lexislación (venda, aluguer, permuta ou cesión).

Logo de dezaseis anos do peche deste edificio, resulta sorprendente que ningunha administración pública, preocuparase por recuperar este edificio para usos sociais.

En abril de 2015, no acto de clausura da olimpíada escolar de Teis, , Abel Caballero, Alcalde de Vigo, anunciou a veciñanza a construción dunha biblioteca no barrio, pero como podemos comprobar ficou nun anuncio electoral, pois até o de agora non se realizou nin unha simple xestión.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, entendemos que se esta perdendo unha oportunidade para que o barrio de Teis, un dos máis poboados da cidade, conte con novas dotacións.

Esta asociación logo de dirixirse a todas as administracións públicas que teñan competencias neste tema, de non recibir algunha resposta comezaremos unha campaña esixindo uso social para deste edificio.

Vigo, 17 de marzo de 2016