A Asociación Veciñal de Teis, presentou durante o período de información pública, alegacións a aprobación inicial do orzamento do ano 2023.

As cinco alegacións presentadas non están incluídas no orzamento de 2023 e para veciñanza son prioridades trasladadas ao goberno municipal desde hai anos e que non son atendidas.

Esiximos un plan beirarrúas en Teismellora do parque da Riouxa, mellora do saneamento na rúa Arnela, programación no auditorio de Teis e un plan de asfaltados en Teis.

Mentres en Teis, hai vivendas sen conexión de saneamento, rúas que carecen dunha simple beirarrúa, un parque da Riouxa desaproveitado, rúas sen asfaltar desde hai anos ou un auditorio municipal sen programación cultural, o goberno municipal destinada millóns de euros a propaganda.

Plan beirarrúas en Teis

Na parroquia de Teis, podemos aínda observar como hai rúas que carecen dunha simple beirarrúa, nalgunha das marxes. Esta situación provoca perigo para a veciñanza que vive ou pasa por estas rúas, pois son rúas moi transitadas e con risco de atropelo.

Esta asociación xa ten solicitado a este goberno municipal, a necesidade de construír beirarrúas nestas rúas, pero até o de agora non foi unha prioridade.

Aquelas rúas nas que sería máis urxente actuar son a rúa da Oliveira, rúa Gerardo Campos Ramos e rúa Roris.

Polo que entendemos que debe incluírse unha nova partida de “plan construción de beirarrúas en Teis “, por un importe de 450.000 euros.

Mellora parque da Riouxa

É un dos grandes parques da cidade, pero necesita mellorar tanto no seu mantemento como nas dotacións, pois é un espazo descoñecido e desaproveitado pola deixades municipal.

Na década dos anos 90 realizouse a ampliación da baixada a Rotea, collendo terreos do parque, pero quedou pendente de facer unha parte do muro que rodea o parque. Este muro leva sen finalizarse uns 30 anos.

Desde fai anos vimos denunciando que os parques infantís existentes son insuficientes para atender as necesidades das familias do barrio. O parque infantil existente na Riouxa é insuficiente, hai espazo para súa ampliación e melloraría a oferta de parques infantís.

Polo que debe incluírse unha nova partida de “ mellora do parque da Riouxa “, por un importe de 400.000 euros.

Mellora do saneamento na rúa Arnela

Nun regato da rúa Arnela, especialmente visíbel entre os números 19 e 25, podemos comprobar a existencia de augas fecais, este regato desembocan no regato do Paraixal.

Unha parte da veciñanza que vive no entorno queixase desde hai anos das augas fecais, ademais da presenza de moitas ratas.

Esta Asociación presentou escritos denunciando esta situación tanto ao Concello como a Aqualia.

Ademais, este caso denunciouse por parte dalgunha veciña de xeito reiterado ao longo dos últimos dez anos ao Concello de Vigo, a Aqualia e a Augas de Galicia.

Polo que debe incluírse unha nova partida de “ mellora do saneamento da rúa Arnela, por un importe de 150.000 euros. 

Programación auditorio de Teis

O barrio de Teis, conta cun excelente auditorio, pero que carece dunha programación anual para ofertar a veciñanza de Teis, máis ala da solicitude de colectivos de Teis ou da iniciativa de entidades culturais.

Consideramos que a veciñanza de Teis, ten dereito a poder contar cunha oferta cultural digna no seu barrio, ao longo do ano.

Polo que debe incluírise unha nova partida, “ Programación auditorio de Teis “ por un importe de 150.000,00 euros.

Plan asfaltados en Teis

Desde fai anos vimos denunciando o mal estado do firme de moitas rúas de Teis, que non se soluciona con tapar unhas fochancas.

Aquelas rúas nas que sería máis urxente actuar son a rúa Gerardo Campos Ramos, avda de Guixar, rúa Julian Estevez, Baixada a Igrexa,1º Travesía de Foxos incluíndo o estacionamento, Doutor Corbal tramo final.

Que polo exposto anteriormente se proceda a incluír unha nova partida, “ Plan asfaltados en Teis “ por un importe de 450.000,00 euros.

Regato rúa Arnela